[pageh1gl] (Febreiro/2021)

[blog description gl]

Convocatoria Administrativo de Abegondo 26 Feb

Convocatoria Administrativo de Abegondo

26/02/2021 Oposicións

Ola, hoxe publícase a convocatoria para a cobertura de 1 posto de administrativo no Concello de Abegondo. O prazo para presentar a instancia será de 20 días naturais, polo que rematará o 18 de marzo. Deixámosvos a ligazón á convocatoria: https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2021/02/26/2021_0000001435.pdf

Ler máis

Listas da Xunta de Galicia abertas 26 Feb

Listas da Xunta de Galicia abertas

26/02/2021 Oposicións

Ola, Publícase a Resolución pola que se abren certos corpos e escalas. Aquí tedes algúns deles por se fosen do voso interese. O prazo para presentar a instancia permanecerá aberto dende o 1 de marzo ata o 30 de abril de 2021. Ligazón: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210226/AnuncioG0597-160221-0004_gl.html Para calquera dúbida podedes poñervos en contacto connosco.

Ler máis

Exames convocados: Xunta de Galicia 24 Feb

Exames convocados: Xunta de Galicia

24/02/2021 Oposicións

Ola, Seguen publicando datas provisionais para os procesos de selección da Xunta. Por exemplo, convocase para o 21 de marzo o Corpo Superior (grupo A1) ou o Corpo de Xestión do 27 de marzo (grupo A2), entre outros. A súa celebración conta coa autorización provisional de Saúde Pública que deberá ser confirmada pola autoridade sanitaria, en función da evolución epidemiolóxica da pandemia. A confirmación será solicitada polo DXFP 10 días antes da súa celebración. Unha semana antes da celebración...

Ler máis

COÑECES A DIFERENZA ENTRE UNHA OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO E UNHA CONVOCATORIA? 22 Feb

COÑECES A DIFERENZA ENTRE UNHA OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO E UNHA CONVOCATORIA?

22/02/2021 Oposicións

Sodes moitos os que nos preguntades esta diferenza. Hoxe queremos presentar estes termos para aclarar as vosas dúbidas: OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO: instrumento empregado pola Administración Pública para indicar aqueles postos vacantes que se cubrirán mediante un proceso selectivo. A Administración Pública terá 3 anos improrrogables para convocar os mesmos. CONVOCATORIA: instrumento polo que se publican as bases reguladoras dun procedemento selectivo. Coa convocatoria comeza o prazo para prese...

Ler máis

Protocolos de actuación nos procesos selectivos da Xunta de Galicia 19 Feb

Protocolos de actuación nos procesos selectivos da Xunta de Galicia

19/02/2021 Oposicións

Apróbase o Protocolo de Adaptación á nova situación orixinada pola pandemia covid-19 para a celebración das probas dos procesos selectivos derivados das Ofertas de Emprego Público da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.  Deixámosvos por aquí o índice e axuntámosvos o documento.   1. Finalidade e destinatarios.2. Organización loxística.3. Normas básicas de desenvolvemento das probas.4. Recomendacións e medidas preventivas para a protección da saúde na celebración dosexercicios do p...

Ler máis