Pinche
Inicio / Oposicións / SERGAS / PinchePreparación Oposicións Pinche de Cociña do SERGAS
Consigue os teus obxetivos en Excelentia Formación
Se es cociñeiro e queres formar parte do equipo do SERGAS non dubides en acudir a Excelentia Formación e comezar as túas clases de preparación das Oposicións de pinche de cociña.
Na nosa Academia de Oposicións na Coruña traballamos a diario para adaptarnos ás necesidades e esixencias de cada un dos nosos alumnos e alumnas. Desta maneira en Excelentia Formación adecuámonos, por exemplo, aos horarios ou a frecuencia de clases que nos soliciten.
Ofrecemos as nosas clases para preparar Oposicións do SERGAS tanto de maneira presencial na nosa Academia como en liña.
Funcións que desempeña un pinche de cociña do SERGAS
O pinche de cociñeiro do SERGAS é un profesional axudante de cociñeiro que realiza as tarefas auxiliares que este lle encarga. Entre elas podemos destacar:
- Preparación dos víveres para o seu condimento
- Aceso e mantemento de fornos e fogares, así como a súa limpeza
- Limpeza dos útiles de cociña e comedor; limpeza dos locais de cociña e anexos
- As persoas destinadas en planta axudarán a servir a comida aos enfermos e persoal da institución con dereito a manutención; realizarán a limpeza dos útiles de cociña e comedor con destino nos oficios de planta e locais dos mesmos, tendo ao seu cargo o traslado de roupas que sexa preciso
- Aseos de camas do persoal masculino ao servizo da institución
Requisitos para presentarte á oposición de pinche de cociña do SERGAS
- Nacionalidade: Ter a nacionalidade española ou ser nacional dalgún dos demais Estados membros da Unión Europea ou nacional dalgún Estado no que, en virtude dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores/as.
- Idade: Ter cumpridos os dezaseis anos de idade e non exceder da idade de sesenta e cinco anos.
- Capacitación: Posuír a capacidade funcional necesaria para o desempeño das funcións que se deriven do correspondente nomeamento.
- Habilitación: Non ser separado do servizo, mediante expediente disciplinario, de calquera servizo de saúde ou administración pública nos seis anos anteriores á convocatoria, nin estar inhabilitado con carácter firme para o exercicio de funcións públicas nin, no seu caso, para a correspondente profesión. No caso de nacionais doutro Estado, non atoparse inhabilitado/a por sanción ou pena para o exercicio profesional ou para o acceso a funcións ou servizos públicos nun Estado membro, nin ser separado por sanción disciplinaria dalgunha das administracións ou servizos públicos nos seis anos anteriores á convocatoria.
- Titulación: Certificado de Escolaridade ou Programa de Cualificación Profesional inicial ou Graduado en ESO ou equivalente.
Posibilidade de formación en liña
Para adaptarnos as necesidades de cada un dos nosos alumnos e alumnas dende Excelentia Formación ofrecemos a posibilidade de formación en liña.
Límite de prazas
As clases de preparación de Oposicións que che ofrecemos en Excelentia Formación contan con prazas limitadas para garantir a mellor atención aos alumnos.
Facilidade horaria
Adaptamos os nosos horarios ás necesidades que se che presenten, para que isto non sexa un condicionamento á preparación das túas Oposicións.
Bolsas dispoñibles
Ademais das facilidades a nivel formativo que ofrecemos na nosa Academia de Oposicións na Coruña, dispoñemos de diferentes alternativas en bolsas.
Consegue a estabilidade laboral que buscas!
Se queres preparar as Oposicións de pinche de cociña do SERGAS non dubides en poñerche en contacto co equipo de Excelentia Formación. Ofrecemos un plan de estudos adaptado ás túas necesidades, con flexibilidade horaria e con posibilidade de estudar de maneira en liña.
Tes dúbidas? Contacta co equipo da nosa Academia de Oposicións e Cursos Formativos
Se queres máis información sobre as diferentes formacións que ofrecemos en Excelentia Formación ou gustaríache solicitar un asesoramento formativo personalizado, non dubides en poñerte en contacto co noso equipo de profesionais.
¿Buscas empleo?
Envía o teu currículum e escribe unha breve descripción de ti, pondrémonos en contacto contigo.
Solicita información
Contáctanos para resolver calquer dúbida que teñas.
Marca as Oposicións nas que estás interesado/a:
Administración estatal
Xunta de Galicia
Sergas
Concellos e Deputacións
Corpos de seguridade
Universidades
Correos
Si non estás seguro/a de que é o que necesitas, non pasa nada, axudarémoste a elexir o que máis se adapte as tuas necesidades
EXCELENTIA FORMACION SL trata os seus datos co fin de xestionar a consulta, queixa, suxerencia e/o reclamación, baseándose no consentimento do interesado. Vostede pode exercer os seus dereitos en calquera momento, solicitándoo en RUA RIO MONELOS, 18 - BJ 15006 A Coruña (A Coruña). Consulte a información adicional e detallada na política de privacidade