Auxiliar administrativo
Inicio / Oposicións / SERGAS / Auxiliar administrativoPreparación Oposicións Auxiliar Administrativo do SERGAS
Consigue os teus obxetivos en Excelentia Formación
Se queres conseguir unha praza nas Oposicións de auxiliares para a Función Administrativa do Servizo Galego de Saúde (SERGAS) non dubides en contactar cos profesionais de Excelentia Formación na Coruña e unirche a un dos plans de estudo para preparar Oposicións do SERGAS.
Na nosa Academia de Oposicións adaptámonos ás necesidades de todos e cada un dos nosos alumnos. O obxectivo principal dos profesionais e orientadores laborais que formamos este equipo é que cada alumno ou alumna logre alcanzar todas as súas metas e obxectivos.
Se tes dúbidas sobre os nosos plans de estudo ou che gustaría contar con máis información sobre a nosa formación en liña ponte en contacto connosco.
Funcións que desempeña un auxiliar administrativo do SERGAS
Entre as tarefas que realizarás como Auxiliar Administrativo do SERGAS podemos destacar:
- Atención ó público
- Emisión de chamadas para citas
- Mecanografado de documentos
- Utilización dos programas do SERGAS
Requisitos para presentarte á oposición de auxiliar administrativo do SERGAS
- Nacionalidade: posuír a nacionalidade española ou a dun Estado membro da Unión Europea ou do Espazo Económico Europeo.
- Idade: cumprir os dezaseis anos de idade e non exceder da idade de xubilación forzosa legalmente vixente.
- Titulación: estar en posesión do Título de Graduado/a en Educación Secundaria Obrigatoria, Técnico (formación profesional de grao medio) ou equivalente.
- Capacidade: posuír a capacidade funcional necesaria para o desempeño das funcións que se deriven do correspondente nomeamento.
- Habilitación:
- Non ser separado do servizo, mediante expediente disciplinario, de calquera servizo de saúde ou Administración pública nos seis anos anteriores á convocatoria.
- Non estar inhabilitado con carácter firme para o exercicio de funcións públicas nin, no seu caso, para a correspondente profesión.
- Non poderá participar no proceso selectivo o persoal estatutario fixo da mesma categoría. Protección xurídica do menor: Non ser condenado/a por sentenza firme por algún delito contra a liberdade e indemnidade sexual, que inclúe agresión e abuso sexual, acoso sexual, exhibicionismo e provocación sexual, prostitución e explotación sexual e corrupción de menores, así como por trata de seres humanos, de conformidade coa previsión contida no artigo 13 da Lei orgánica 1/1996, do 15 de xaneiro, de protección xurídica do menor.
- Taxas: Abonar as taxas por dereito de exame, no seu caso.
Posibilidade de formación en liña
Para adaptarnos as necesidades de cada un dos nosos alumnos e alumnas dende Excelentia Formación ofrecemos a posibilidade de formación en liña.
Límite de prazas
As clases de preparación de Oposicións que che ofrecemos en Excelentia Formación contan con prazas limitadas para garantir a mellor atención aos alumnos.
Facilidade horaria
Adaptamos os nosos horarios ás necesidades que se che presenten, para que isto non sexa un condicionamento á preparación das túas Oposicións.
Bolsas dispoñibles
Ademais das facilidades a nivel formativo que ofrecemos na nosa Academia de Oposicións na Coruña, dispoñemos de diferentes alternativas en bolsas.
Consegue a túa praza de Auxiliar Administrativo do SERGAS
Se queres conseguir a túa praza de Auxiliar de Administrativo non dubides en poñerte en contacto cos profesionais que formamos o equipo de Excelentia Formación, a túa Academia de Oposicións na Coruña. Resolveremos todas as dúbidas que teñas sobre os nosos plans de estudo.
Tes dúbidas? Contacta co equipo da nosa Academia de Oposicións e Cursos Formativos
Se queres máis información sobre as diferentes formacións que ofrecemos en Excelentia Formación ou gustaríache solicitar un asesoramento formativo personalizado, non dubides en poñerte en contacto co noso equipo de profesionais.
¿Buscas empleo?
Envía o teu currículum e escribe unha breve descripción de ti, pondrémonos en contacto contigo.
Solicita información
Contáctanos para resolver calquer dúbida que teñas.
Marca as Oposicións nas que estás interesado/a:
Administración estatal
Xunta de Galicia
Sergas
Concellos e Deputacións
Corpos de seguridade
Universidades
Correos
Si non estás seguro/a de que é o que necesitas, non pasa nada, axudarémoste a elexir o que máis se adapte as tuas necesidades
EXCELENTIA FORMACION SL trata os seus datos co fin de xestionar a consulta, queixa, suxerencia e/o reclamación, baseándose no consentimento do interesado. Vostede pode exercer os seus dereitos en calquera momento, solicitándoo en RUA RIO MONELOS, 18 - BJ 15006 A Coruña (A Coruña). Consulte a información adicional e detallada na política de privacidade