P.S.X.
Inicio / Oposicións / Xunta de Galicia / P.S.X.Preparación de Oposicións de P.S.X. para a Xunta de Galicia
Consigue os teus obxetivos en Excelentia Formación
Estás a pensar en comezar a preparar unhas Oposicións? Se é así na nosa Academia de Formación na Coruña ofrecémosche axudámosche a cumprir os teus obxectivos ofrecéndoche a formación que necesitas para presentarche a unha praza de Persoal de Servizos Xerais da Xunta de Galicia (subgrupo C2).
Na nosa Academia de Formación contarás con profesores con gran experiencia no sector da docencia e cunha metodoloxía que che permitirá estudar unhas Oposicións tanto de maneira presencial na nosa academia como a través dun sistema de preparación en liña.
Funcións que desempeña o Persoal de Servizos Xerais (P.S.X.) da Xunta de Galicia
Atópanse entre as funcións deste persoal da Xunta de Galicia a realización de tarefas administrativas e de apoio á xestión no centro, servizo ou unidade respectiva; a apertura e peche dos centros ou unidades; a distribución de comidas e limpeza de comedores; as tarefas de lavandería, mantemento e apoio ás funcións xerais, así como labores de recepción, portería, atención e información ás persoas usuarias, entre outras.
Requisitos para presentarche á Oposición de P.S.X. da Xunta de Galicia
- Idade: ter cumpridos dezaseis anos e non exceder da idade máxima de xubilación forzosa.
- Nacionalidade:
- Ter a nacionalidade española.
- Ser nacional dalgún dos estados membros da Unión Europea.
- Ser nacional dalgún Estado no que, en virtude dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores/ as.
- Tamén poderán ser admitidos, calquera que sexa a súa nacionalidade, os cónxuxes dos españois e dos nacionais doutros estados membros da Unión Europea, sempre que non estean separados de dereito. Nas mesmas condicións poderán participar os seus descendentes e os do seu cónxuxe sempre que non estean separados de dereito, sexan menores de vinte e un anos ou maiores da devandita idade dependentes.
- Titulación académica: graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente.
- Capacidade funcional: posuír as capacidades e aptitudes físicas e psíquicas que sexan necesarias para o desempeño das correspondentes funcións ou tarefas.Habilitación: non ser separado/a nin despedido/a, mediante expediente disciplinario, do servizo de ningunha Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, cando se trate de acceder á mesma categoría profesional á cal se pertenza.
Prepara as túas Oposicións en liña
Na actualidade contamos cun sistema que nos permite ofrecerche a formación necesaria para que prepares calquera tipo de Oposición de maneira en liña.
Clases con prazas limitadas
Ofrecemos unha formación moi individualizada polo que os nosos cursos ou clases de preparación de Oposicións na Coruña teñen prazas limitadas.
Adaptamos os horarios a ti
Buscamos que todos os nosos alumnos e alumnas poidan preparar as Oposicións por iso contamos cun amplo horario que poderemos adaptar a ti.
Dispoñibilidade de bolsas
Contamos con diferentes bolsas dispoñibles, grazas ás cales poderás conseguir a formación que desexas coas mellores facilidades económicas.
Tes dúbidas? Contacta co equipo da nosa Academia de Oposicións e Cursos Formativos
Se queres máis información sobre as diferentes formacións que ofrecemos en Excelentia Formación ou che gustaría solicitar un asesoramento formativo personalizado, non dubides en poñerche en contacto co noso equipo de profesionais.
¿Buscas empleo?
Envía o teu currículum e escribe unha breve descripción de ti, pondrémonos en contacto contigo.
Solicita información
Contáctanos para resolver calquer dúbida que teñas.
Marca as Oposicións nas que estás interesado/a:
Administración estatal
Xunta de Galicia
Sergas
Concellos e Deputacións
Corpos de seguridade
Universidades
Correos
Si non estás seguro/a de que é o que necesitas, non pasa nada, axudarémoste a elexir o que máis se adapte as tuas necesidades
EXCELENTIA FORMACION SL trata os seus datos co fin de xestionar a consulta, queixa, suxerencia e/o reclamación, baseándose no consentimento do interesado. Vostede pode exercer os seus dereitos en calquera momento, solicitándoo en RUA RIO MONELOS, 18 - BJ 15006 A Coruña (A Coruña). Consulte a información adicional e detallada na política de privacidade