Administrativo
Inicio / Oposicións / Concello e Deputacións / AdministrativoPreparación Oposicións Administrativo para Concellos e Deputacións
Consigue os teus obxetivos en Excelentia Formación
Se queres prepararte para sacar unha praza nas Oposicións Administrativo nalgunha corporación local non dubides en poñerte en contacto cos profesionais de Excelentia Formación.
Na nosa Academia de Oposicións na Coruña ofrecemos un trato totalmente personalizado e individualizado para garantir que nos adecuamos ás túas necesidades, esixencias e, por suposto, horarios. Para adaptarnos ao alumnado, ademais de ofrecer preparación de Oposicións de maneira presencial na academia, tamén contamos con formación en liña a través dunha aula virtual.
Mostramos todos os requisitos mínimos que necesitas para presentarche á oposición de administrativo e, ademais, as funcións deste posto.
Funcións que desempeña un Administrativo nunha corporación local
As funcións que ocupan ao persoal administrativo de calquera corporación local pódense resumir en:
- Atención ao usuario telefonicamente
- Tratamento de documentos
- Tarefas de carácter mecanográfico
- Tarefas cálculo sinxelo
- Traballos de arquivo e rexistro
Requisitos para presentarte á oposición de Administrativo nunha corporación local
- Nacionalidade: posuír a nacionalidade española ou a dun Estado membro da Unión Europea ou do Espazo Económico Europeo e demais previstas na convocatoria.
- Idade: cumprir os dezaseis anos de idade e non exceder da idade de xubilación forzosa legalmente vixente.
- Titulación: estar en posesión, ou en condicións de obter, o Título de Graduado Escolar, Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria, Formación Profesional de primeiro grao ou equivalente.
- Capacidade: non padecer enfermidade nin estar afectado por limitacións físicas ou psíquicas que lle impidan o desempeño das funcións e tarefas a desenvolver.
- Habilitación:
- Non ser separado/a nin despedido/a, mediante expediente disciplinario, do servizo de ningunha Administración pública.
- Non atoparse na situación de inhabilitación para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial.
Cursos en liña
Ademais da alternativa de preparar as túas Oposicións na Coruña a través do noso centro formativo, en Excelentia Formación ofrecemos a opción de preparar Oposicións en liña.
Límite de prazas
Os nosos Cursos de preparación de Oposicións para concellos na Coruña contan cun límite de prazas dispoñibles. Contacta agora e asegura a túa en Excelentia Formación!
Horarios adaptados
Dispoñemos dunha gran facilidade nos horarios dos nosos Cursos de Oposicións, grazas aos cales a preparación de Oposicións sexa unha actividade sumamente personalizada.
Contamos con bolsas
Outra das grandes facilidades que poderás gozar na nosa Academia de Oposicións na Coruña é o acceso a diferentes bolsas formativas, habilitadas para todos os alumnos do centro.
Preparar Oposicións de Administrativo da man de Excelentia Formación
Gustaríache conseguir un traballo fixo? Buscas estabilidade laboral? En Excelentia Formación axudámosche a preparar Oposicións para corporacións locais. Desta maneira que, se queres comezar coa preparación de Oposicións de Administrativo non dubides en solicitar información na nosa Academia de Oposicións na Coruña.
Contamos con profesores e orientadores con gran experiencia no sector. Resolverémosche todas as dúbidas que teñas sobre os diferentes plans de estudo que deseñamos.
Tes dúbidas? Contacta co equipo da nosa Academia de Oposicións e Cursos Formativos
Se queres máis información sobre as diferentes formacións que ofrecemos en Excelentia Formación ou gustaríache solicitar un asesoramento formativo personalizado, non dubides en poñerte en contacto co noso equipo de profesionais.
¿Buscas empleo?
Envía o teu currículum e escribe unha breve descripción de ti, pondrémonos en contacto contigo.
Solicita información
Contáctanos para resolver calquer dúbida que teñas.
Marca as Oposicións nas que estás interesado/a:
Administración estatal
Xunta de Galicia
Sergas
Concellos e Deputacións
Corpos de seguridade
Universidades
Correos
Si non estás seguro/a de que é o que necesitas, non pasa nada, axudarémoste a elexir o que máis se adapte as tuas necesidades
EXCELENTIA FORMACION SL trata os seus datos co fin de xestionar a consulta, queixa, suxerencia e/o reclamación, baseándose no consentimento do interesado. Vostede pode exercer os seus dereitos en calquera momento, solicitándoo en RUA RIO MONELOS, 18 - BJ 15006 A Coruña (A Coruña). Consulte a información adicional e detallada na política de privacidade