COÑECES A DIFERENZA ENTRE UNHA OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO E UNHA CONVOCATORIA?

Publicado: 22 de febreiro de 2021, 13:22
  1. Oposicións
COÑECES A DIFERENZA ENTRE UNHA OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO E UNHA CONVOCATORIA?

Sodes moitos os que nos preguntades esta diferenza. Hoxe queremos presentar estes termos para aclarar as vosas dúbidas:

  • OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO: instrumento empregado pola Administración Pública para indicar aqueles postos vacantes que se cubrirán mediante un proceso selectivo. A Administración Pública terá 3 anos improrrogables para convocar os mesmos.
  • CONVOCATORIA: instrumento polo que se publican as bases reguladoras dun procedemento selectivo. Coa convocatoria comeza o prazo para presentar a instancia e poder formar parte dese proceso. Ademais, o proceso de oposición comeza aquí.

Deste xeito, é moito máis eficaz comezar coa preparación antes de ser convocado, pois, por exemplo, na última convocatoria da Administración xeral do Estado nos grupos C1 e C2 estableceuse un período máximo de 4 meses para realizar os exames. Así, os que comezaron a súa preparación antes puideron presentarse ao exame co programa ben preparado, mentres que os que decidiron comezar o seu estudo coa publicación da convocatoria só tiveron uns meses, que quizais non sexan suficientes.

Para comezar a prepararnos antes da convocatoria, tomamos como referencia a última convocatoria publicada, que normalmente é similar ou ten pequenas modificacións.

Agardamos que vos sexa de utilidade toda esta información. Podedes enviarnos as vosas preguntas ou chamarnos. Non dubidedes en facelo!

Noticias relacionadas

OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO XUNTA 2025 5 Dec

OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO XUNTA 2025

05/12/2025 Oposicións
Publicouse a oferta de emprego público da Xunta para o ano 2025, e destacamos as seguintes prazas ofertadas: Administrativo (C1): 10 libres, 1 con discapacidadeAxudante administrativo/a (C2): 42 libres, 4 prazas para persoas con discapacidade, 3 prazas para persoas con discapacidade
CONVOCATORIA! AUXILIAR DE BIBLIOTECA USC (C1) 5 Dec

CONVOCATORIA! AUXILIAR DE BIBLIOTECA USC (C1)

05/12/2025 Oposicións
O xoves 27 de novembro publicouse unha convocatoria para a provisión de 22 prazas de Auxiliar Técnico de Biblioteca (C1) para a Universidade de Santiago de Compostela. A data límite para a presentación de solicitudes é o 17 de decembro de 2025. Para obter máis información, consulte a publicación
CONVOCATORIA XUNTA DE GALICIA! ADMINISTRATIVO (C1) E AUXILIAR ADMINISTRATIVO (C2) 25 Nov

CONVOCATORIA XUNTA DE GALICIA! ADMINISTRATIVO (C1) E AUXILIAR ADMINISTRATIVO (C2)

25/11/2025 Oposicións
Publicouse hoxe no DOGA a convocatoria polo sistema de oposición (libre) para os seguintes postos de traballo na Administración da Comunidade Autónoma de Galicia: - Administrativo/a: 74 prazas. - Auxiliar administrativo/a: 83 prazas. O prazo de solicitude comeza mañá, 26 de novembro de 2025, e
CONVOCATORIA! AXUDANTE DE INSTITUCIÓNS PENITENCIARIAS 14 Out

CONVOCATORIA! AXUDANTE DE INSTITUCIÓNS PENITENCIARIAS

14/10/2025 Oposicións
Publicouse a convocatoria para a provisión, polo sistema de oposición, para as prazas de Axudante de Institucións Penitenciarias (C1) do Ministerio do Interior. A data límite para a presentación de solicitudes é o 6 de novembro de 2025. Se tes algunha dúbida, podes atopar máis información na