Xunta de Galicia: convocadas as prazas de estabilización (instancias a partir do 16 de xaneiro)

Publicado: 28 de decembro de 2022, 10:22
  1. Oposicións
Xunta de Galicia: convocadas as prazas de estabilización (instancias a partir do 16 de xaneiro)

No DOG núm. 245, do 27 de decembro de 2022, publícanse diversas Resolucións polas que se convocan procesos extraordinarios de estabilización. Destacamos:

- RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 2022 pola que se convoca o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso- oposición, para o ingreso no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1; para o ingreso no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1; para o ingreso no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo B, e para o ingreso nas categorías 100 e 104 do grupo III de persoal laboral da Xunta de Galicia.. 

- RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 2022 pola que se convoca o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2; para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2; e para o ingreso na categoría 21 e 33 do grupo IV de persoal laboral da Xunta de Galicia..

- RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 2022 pola que se convoca o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, na escala de persoal subalterno e na escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais e para o ingreso nas categorías 10B, 10C, 14 e 14A do grupo V de persoal laboral da Xunta de Galicia..

Aquí tedes un resumo dalgúns dos postos que preparamos:

Xunta de Galicia: convocadas as prazas de estabilización (instancias a partir do 16 de xaneiro) - Imagen 1
Non dubides en facernos calquera pregunta!

Noticias relacionadas

NOVAS! LISTAXES DEFINITIVAS E DATA PARA O EXAME DE GALEGO AUXILIAR ADMINISTRATIVO USC 6 Mar

NOVAS! LISTAXES DEFINITIVAS E DATA PARA O EXAME DE GALEGO AUXILIAR ADMINISTRATIVO USC

06/03/2025 Oposicións
Publicouse a relación definitiva de admitidos e excluídos para o proceso selectivo de Auxiliar Administrativo da Universidade de Santiago de Compostela (Santiago de Compostela, A Coruña). O primeiro exercicio, correspondente ao exame de galego, será o día 8 de abril de 2025, ás 9.00 horas, na Aula
1 PRAZA DE AUXILIAR DE TÉCNICO DE BIBLIOTECA DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA 6 Mar

1 PRAZA DE AUXILIAR DE TÉCNICO DE BIBLIOTECA DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

06/03/2025 Oposicións
Convocouse unha praza de auxiliar técnico en bibliotecas da Deputación da Coruña. O prazo de presentación de solicitudes remata o 23 de marzo. Para máis información, podes consultar a seguinte ligazón:
NOVAS! LISTAXE DEFINITIVA E DATA DO EXAME ADMINISTRATIVO DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA 6 Mar

NOVAS! LISTAXE DEFINITIVA E DATA DO EXAME ADMINISTRATIVO DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

06/03/2025 Oposicións
Publicouse a lista definitiva de admitidos e excluídos para o proceso selectivo Administrativo (C1) da Deputación Provincial da Coruña. O exame celebrarase o día 22 de marzo ás 10:00 horas no Instituto de Educación Secundaria “Rafael Puga Ramón”. Se tes algunha dúbida podes consultar a seguinte
APERTURA DAS LISTAS DE CONTRATACIÓN DA XUNTA DE GALICIA 28 Feb

APERTURA DAS LISTAS DE CONTRATACIÓN DA XUNTA DE GALICIA

28/02/2025 Oposicións
Publicouse a relación de listas de contratación (tanto en formato aberto como pechado) para a Xunta de Galicia. No seguinte enlace mostrámosche o documento oficial con todas as listas abertas e pechadas e o prazo para inscribirse: