Publicada a Oferta de Emprego Público para o ano 2022 con 44.787 prazas

Publicado: 25 de maio de 2022, 12:19
  1. Oposicións
Publicada a Oferta de Emprego Público para o ano 2022 con 44.787 prazas

Apróbase a Oferta de Emprego Público ordinario para o ano 2022 e a Oferta de Emprego Público para a estabilización da contratación temporal na Administración xeral do Estado correspondentes á Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para reducir a temporalidade no emprego público. Segundo a ministra de Facenda e Administracións Públicas, María Jesús Montero, "é a maior oferta da historia".

A OEP 2022 inclúe 34.151 prazas na oferta ordinaria e 10.363 na oferta de estabilización laboral temporal.

Podemos destacar algún corpo como:

  • ADMINISTRACIÓN XERAL DA ADMINISTRACIÓN DO ESTADO con 2.918 prazas
  • AUXILIAR XERAL DA ADMINISTRACIÓN DO ESTADO con 600 prazas
  • AXUNDANTES DE INSTITUCIÓNS PENITENCIAIS con 900 prazas.

De conformidade co establecido na disposición adicional quinta do Real decreto polo que se aproba a OEP ordinaria 2022, "os departamentos ministeriais que á entrada en vigor deste real decreto non teñan convocadas as prazas correspondentes ás ofertas de emprego público para os anos 2020 e 2021, deberán acumular estas prazas á convocatoria da oferta de emprego público de 2022.

Os procesos selectivos previstos neste real decreto deberán publicarse antes do 31 de decembro de 2022, salvo causa xustificada que acredite a súa imposibilidade.

En todo caso, todos os procesos selectivos deberán estar rematados antes de que transcorran tres anos desde a aprobación deste real decreto”.

Ligazón: Real decreto 407/2022, do 24 de maio, polo que se aproba a oferta de emprego público para o ano 2022.

Ligazón : Real decreto 408/2022, do 24 de maio, polo que se aproba a oferta de emprego público para a estabilización da contratación laboral temporal na Administración xeral do Estado correspondente á Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas para a redución da contratación temporal na Administración pública. 

É o momento de preparar oposicións!

Noticias relacionadas

NOVAS! LISTAXES DEFINITIVAS E DATA PARA O EXAME DE GALEGO AUXILIAR ADMINISTRATIVO USC 6 Mar

NOVAS! LISTAXES DEFINITIVAS E DATA PARA O EXAME DE GALEGO AUXILIAR ADMINISTRATIVO USC

06/03/2025 Oposicións
Publicouse a relación definitiva de admitidos e excluídos para o proceso selectivo de Auxiliar Administrativo da Universidade de Santiago de Compostela (Santiago de Compostela, A Coruña). O primeiro exercicio, correspondente ao exame de galego, será o día 8 de abril de 2025, ás 9.00 horas, na Aula
1 PRAZA DE AUXILIAR DE TÉCNICO DE BIBLIOTECA DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA 6 Mar

1 PRAZA DE AUXILIAR DE TÉCNICO DE BIBLIOTECA DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

06/03/2025 Oposicións
Convocouse unha praza de auxiliar técnico en bibliotecas da Deputación da Coruña. O prazo de presentación de solicitudes remata o 23 de marzo. Para máis información, podes consultar a seguinte ligazón:
NOVAS! LISTAXE DEFINITIVA E DATA DO EXAME ADMINISTRATIVO DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA 6 Mar

NOVAS! LISTAXE DEFINITIVA E DATA DO EXAME ADMINISTRATIVO DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

06/03/2025 Oposicións
Publicouse a lista definitiva de admitidos e excluídos para o proceso selectivo Administrativo (C1) da Deputación Provincial da Coruña. O exame celebrarase o día 22 de marzo ás 10:00 horas no Instituto de Educación Secundaria “Rafael Puga Ramón”. Se tes algunha dúbida podes consultar a seguinte
APERTURA DAS LISTAS DE CONTRATACIÓN DA XUNTA DE GALICIA 28 Feb

APERTURA DAS LISTAS DE CONTRATACIÓN DA XUNTA DE GALICIA

28/02/2025 Oposicións
Publicouse a relación de listas de contratación (tanto en formato aberto como pechado) para a Xunta de Galicia. No seguinte enlace mostrámosche o documento oficial con todas as listas abertas e pechadas e o prazo para inscribirse: