6 Set Nota informativa procesos selectivos Administración General del Estado 06/09/2021 Bos días, Publícase nota informativa sobre os procesos de selección da Administración xeral do Estado.A publicación das listas de admitidos e excluídos para os corpos de auxiliares e administrativos está prevista para o mes de outubro. Está previsto que os exames de ambos corpos se celebren en xaneiro de 2022. Ánimo a todos! É unha gran oportunidade! Ler máis
1 Set No DOG publicáronse as notas dos subgrupos C1 e C2 da Xunta de Galicia 01/09/2021 Bos días, Hoxe publícanse no DOG as notas dos subgrupos C1 e C2 da Xunta de Galicia, polo que o prazo para presentar Celga comeza mañá e remata o 15 de setembro. - Subgrupo C2 - Subgrupo C1 Deixámosvos AQUÍ os pasos a seguir para a presentación, calquera dúbida estamos á túa disposición. Ler máis
25 Ago Monfero: 1 praza de conserxe 25/08/2021 Bos días, Publicáronse as bases da convocatoria dun posto de conserxe no Concello de Monfero. O período para presentar a solicitude está aberto ata o 13 de setembro. Deixámosvos aquí a ligazón á convocatoria. Ler máis
18 Ago Convocatorias abertas para auxiliar de bibliotecas 18/08/2021 Bos días, Queremos informarlles de dúas novas convocatorias para auxiliar de bibliotecas en dous concellos. Por unha banda, temos unha praza en Oroso. O prazo para presentar as solicitudes está aberto ata o 1 de setembro. Por outra banda, publicouse no Boletín Oficial do Estado o anuncio da convocatoria da Estrada cunha praza para auxiliar de bibliotecas. O prazo para presentar solicitudes remata o 5 de setembro. Deixamos aquí os enlaces ás convocatorias para que coñezades o proceso de sele... Ler máis
10 Ago PORTO DO SON: 4 prazas de auxiliar administrativo 10/08/2021 Bos días, no Boletín Oficial da Provincia da Coruña publícanse integramente as bases que deben rexer a convocatoria para prover 4 prazas de Auxiliar Administrativo no concello de Porto do Son. O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais a partir da data seguinte á publicación da resolución no Boletín Oficial do Estado. Remata o prazo o 26 de agosto de 2021. Ler máis
6 Ago Que oposición podo preparar agora? estou a tempo? 06/08/2021 Bos días, Hoxe queremos achegarvos un pouco de luz neste mundo das oposicións e comentar as últimas novidades en relación aos próximos procesos de selección. Recolleremos algúns nos que o prazo para presentar a solicitude aínda non está aberto ou está actualmente aberto. Recentemente publicouse a Oferta de Emprego Público do Estado cun total de 23.491 prazas . Podemos destacar 1000 prazas no Corpo Administrativo da Administración Xeral do Estado. Unha excelente oportunidade para conseguir un t... Ler máis