21 Mai NOVAS! LISTAXE TÉCNICO/A BIBLIOTECAS DO CONCELLO DA CORUÑA 21/05/2024 Oposicións Publicáronse as listas definitivas e a data de exame para a confección da lista de interinidades de Técnico de Bibliotecas (C1) do Concello da Coruña . A data do exame será o 1 de xullo de 2024 no Coliseum da Coruña. Para máis información, podes consultar a resolución nesta ligazón . Ler máis
21 Mai PRAZA DE ADMINISTRATIVO ESPECIALIZADO EN PROXECTOS FINANCIADOS CON FONDOS EUROPEOS E PRTR (FERROL) 21/05/2024 Oposicións O Concello de Ferrol publicou as bases da convocatoria para a selección de persoal funcionario interino para 1 praza de Administrativo (C1) especializada en proxectos financiados con fondos europeos e PRTR. O prazo de presentación de solicitudes remata o 3 de xuño de 2024. Para máis información, podes consultar a convocatoria nesta ligazón . Ler máis
21 Mai PRAZAS DE AUXILIAR ADMINISTRATIVO DO CONCELLO DE FOZ (LUGO) 21/05/2024 Oposicións Publicouse a convocatoria para a provisión, polo procedemento de oposición (quenda libre), de 2 prazas de Auxiliar Administrativo (C2) para o Concello de Foz (Lugo). O prazo de presentación de solicitudes remata o 6 de xuño de 2024 . Podes consultar a publicación no BOE nesta ligazón . Ler máis
16 Mai DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA: VARIAS PRAZAS DE ADMINISTRACIÓN XERAL 16/05/2024 Oposicións No BOE publicouse unha convocatoria de diversas prazas para acceder a prazas de funcionario da Deputación de Pontevedra , entre as que destacamos as seguintes: - Cinco prazas de Administrativo Admon. Xeral , pertencente á escala de Administración xeral, subescala Administrativa, polo sistema de oposición , en quenda libre. - Tres prazas de Administrativo da Delegación Tributaria , pertencentes á escala de Administración Xeral, subescala Administrativa, polo sistema de oposición , en quenda lib... Ler máis
15 Mai 5 PRAZAS ADMINISTRATIVO CONCELLO ARTEIXO 15/05/2024 Oposicións Convocouse un proceso selectivo para a adquisición da titularidade de 5 prazas (4 quenda libre, 1 diversidade funcional) de Administrativo (C1) para o Concello de Arteixo (A Coruña). O sistema de selección é a oposición . O prazo de presentación de solicitudes remata o 4 de xuño . Para máis información, consulta as bases da convocatoria nesta ligazón . Ler máis
8 Mai PEÓN DE BOMBEIROS: CONCELLO DE LARACHA 08/05/2024 Oposicións Convocouse un proceso selectivo para a contratación de persoal laboral temporal para 8 prazas de Peón de Bombeiros no concello da Laracha (A Coruña). O sistema de selección é o concurso-oposición . O prazo de presentación de solicitudes remata o 23 de maio . Para máis información, consulta as bases da convocatoria nesta ligazón . Ler máis