Bos días,
publícase no Boletín Oficial de Pontevedra unha convocatoria para a cobertura de varias prazas:
— Unha praza de técnico/a superior en Administración especial, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase superior, integrada no grupo A1, polo sistema de concurso oposición libre.
— Unha praza de técnico/a medio/a en organización, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnico/a medio/a, integrada no grupo A2, polo sistema de concurso oposición libre. Reservada a persoas con discapacidade.
— Unha praza de traballador/a social, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase media, integrada no grupo A2, polo sistema de concurso oposición libre.
— Unha praza de técnico/a informático/a, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase auxiliar, integrada no grupo C1, polo sistema de concurso oposición libre.
— Unha praza de informático/a programador/a, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase auxiliar, integrada no grupo C1, polo sistema de concurso oposición libre.
— Unha praza de auxiliar técnico/a informático/a, encadrada na escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase cometidos especiais, integrada no grupo C2, polo sistema de concurso oposición libre.
— Tres prazas de oficial/a de cociña, encadradas na escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios, integradas no grupo C2, polo sistema de concurso oposición libre.
— Catro prazas de oficial/a de comedor, encadradas na escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios, integradas no grupo C2, polo sistema de concurso oposición libre.
— Tres prazas de oficial/a telefonista, encadradas na escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios, integradas no grupo C2, polo sistema de concurso oposición libre.
— Unha praza de operario/a agrícola, encadrada na escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios, integrada no grupo E, polo sistema de concurso oposición libre.
— Dúas prazas de administrativo de administración xeral, encadradas na escala de Administración xeral, subescala administrativa, integradas no grupo C1 polo sistema de concurso oposición libre.
— Sete postos de traballo de subalterno/a de oficios varios, clasificados no grupo E, polo sistema de concurso oposición.
O prazo para presentar instancias está aberto ata o 24 de maio.
Ligazón: https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2021/04/06/2021016861