Bos días,
hoxe publícase no BOE resolución referente a varias prazas da Deputación da Coruña:
- Unha praza de técnico de administración xeral, pertencente á escala de administración xeral, subescala técnica, polo sistema de oposición, por quenda libre.
- Tres prazas de técnico de xestión de administración xeral, pertencentes á escala de administración xeral, subescala de xestión, polo sistema de concurso-oposición, por quenda libre.
- Dez prazas de Administración xeral administrativa, pertencentes á escala de Administración xeral, subescala administrativa, polo sistema de oposición, pola quenda libre, con reserva dalgunha das prazas para persoas cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33%.
- Dúas prazas de auxiliar administrativo de administración xeral, pertencentes á escala de administración xeral, subescala auxiliar, polo sistema de oposición, por quenda libre.
- Tres prazas subalternas, pertencentes á escala de Administración xeral, subescala subalterna, polo sistema de concurso-oposición, por quenda libre, con reserva dunha das prazas para persoas cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33%.
- Doce prazas de Educador infantil, pertencentes á escala de Administración especial, subescala técnica, clase auxiliar, polo sistema de concurso-oposición, por quenda libre.
- Unha praza de auxiliar técnico de estradas e obras, pertencente á escala de Administración especial, subescala técnica, clase auxiliar, polo sistema de concurso-oposición, por quenda libre.
- Unha praza de celador, pertencente á escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, clase de deberes especiais, polo sistema de concurso-oposición, por quenda libre.
O prazo para presentar a instancia comeza mañá e remata o 5de maio.
Bases xerais: https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2021/01/22/2021_0000000321.pdf
Bases específicas: https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2021/03/12/2021_0000001909.pdf